PISCINA:
Dispón dun vaso climatizado de 25X12,5 m e seis rúas, cunha gran cristaleira que está orientada ao mar, e que ademais proporciona ao vaso unha gran luminosidade. Para a súa desinfección utilízase a electrolisis salina, o que ofrece unha sensación olfactiva e visual moito máis agradable que outro tipo de produtos utilizados con este fin, xa que a transparencia da auga é total e desaparece o olor a cloro.