En Chapela tes un Centro Deportivo Municipal para ti.

Onde podes facer deporte, relaxarte e coidarte. Grazas á colaboración entre o Concello de Redondela e Aqualia , empresa encargada da súa xestión, contas cunhas modernas instalacións.

O Centro Deportivo ofrece unha gran variedade de alternativas.

Ademais, encontrarás un equipo de profesionais para atenderte e axudarche a practicar deporte da forma máis sa.

O noso obxectivo é darche o mellor servizo para mellorar a túa saúde e a túa calidade de vida, por iso queremos que o Centro Deportivo de Chapela sexa o teu centro.